Teteira de Utah

Versión da teteira

A teteira de Utah ou de Newell (en inglés Utah teapot ou Newell teapot) é un modelo de proba 3D que se converteu nun obxecto de referencia estándar e nunha broma interna na comunidade de gráficos por ordenador. É un modelo matemático dunha teteira común que parece sólida e parcialmente cilíndrica e convexa. Unha teteira de Utah considérase o equivalente a un programa "Ola mundo", como unha forma de crear facilmente unha escena 3D cun modelo algo complexo, que funciona como referencia xeométrica básica para a configuración da escena e da iluminación. Algunhas bibliotecas de programación, como OpenGL Utility Toolkit, inclúen funcionalidades dedicadas a debuxar teteiras.[1]

O modelo de teteira foi creado en 1975 polo investigador de gráficos por ordenador Martin Newell, membro do programa gráfico pioneiro da Universidade de Utah.[2]

  1. Kilgard, Mark (23 de febreiro de 1996). "11.9 glutSolidTeapot, glutWireTeapot" (en inglés). 
  2. Torrence, Ann (2006). ACM SIGGRAPH 2006 Teapot (en inglés). ISBN 1-59593-364-6. doi:10.1145/1180098.1180128. Artigo No. 29. 

Developed by StudentB